Froitas da Á a Z:
Plátano

Calendario de tempada
Trucos de cociña
O habitual é comer o plátano e o bananito como froita fresca (de sobremesa ou ingrediente de batidos, ensaladas...), xa que é a mellor forma de aproveitar todas as súas virtudes nutritivas. Tamén se empregan con fins culinarios; para elaborar batidos, compotas e multitude de sobremesas. Pódese consumir frito, caramelizado..., e desta maneira pode servir de guarnición de pratos tanto de carne como de peixe. O plátano macho é unha froita que se consome exclusivamente cociñado, sen que a cocción altere o seu contido de hidratos de carbono (almidón). Polo xeral, se guisa de igual modo que se cociñan as patacas e as hortalizas (cocido, frito, asado, ao forno...) e tamén se pode empregar como ingrediente de certas sopas.
Batido de plátano

- Tempo: 20 minutos
- Prezo: 5-10€
- Dificultade: Moi fácil
- Racións: 4
- Tempada: Todo o ano
Ingredientes
- 4 plátanos maduros
- 4 iogures de limón
- o zume dun limón
- azucre e dúas pastillas de chocolate
Como se elabora
Trocear os plátanos e asperxelos co zume de limón. Engadir o azucre e os iogures e pasar a batidora ata que quede homoxéneo. Decorar con labras de chocolate, con axuda dun coitelo e gardar na neveira para servilo ben frío.
Torrijas con plátano de canarias

- Tempo: 20 -30 minutos
- Prezo: 5€
- Dificultade: media
- Racións: 4
- Tempada: primavera, verán, outono, inverno
Ingredientes
- 250 gramos de pan de molde sen cortiza
- 2 plátanos de Canarias
- 250 gramos de leite enteiro
- 20 gramos de azucre
- 1 rama de vainilla
- Un anaco de casca de limón
- 2 ovos para rebozar
- 5 gramos de azucre para decorar e acompañar
- 5 gramos de canela moída para decorar e acompañar
Como se elabora
Cocemos o leite xunto cunha vaina de vainilla e a casca de limón. Cando ferveu, déixase repousar ata que se amorne. Nese momento engadimos o azucre, removendo para que se disolva e para empapar o pan.
Remojamos o pan lixeiramente con axuda dunha culler ata que estea empapado e blandito, pero sen que chegue a desfacerse e sen gotear.
Pelamos e troceamos os plátanos en bastóns regulares e de largura como as rebanadas de pan de molde. Envolvemos os bastóns de plátanos de canarias coa rebanada de pan empapada de leite aromatizada, dando forma de cilindro.
Pasamos as rebanadas de pan moi ben escurridas, sen que gotee leite, polos ovos batidos e, nunha tixola con abundante aceite quente, fritímolas virando o cilindro de maneira que se doure de maneira uniforme.
Unha vez fritas, se escurren nunha bandexa cuberta con papel de cociña para que eliminen o exceso de aceite. Aínda quentes, imos colocando as torrijas cilíndricas de plátano noutra fonte e as espolvoreamos con azucre e canela en po mesturada. Desta maneira conseguiremos unhas torrijas de pan diferentes e cun toque divertido pola sorpresa interior do plátano.
