Frutas de la A a la Z:
Níspero

Calendario de temporada
Como elixilos e conservalos
O níspero é a primeira das froitas "de óso" que chega na primavera aos mercados, onde se pode atopar desde abril até maio. As variedades temperás e tardías colléitanse en marzo e xuño.
Á hora de elixir os nísperos, estes deben cumprir unhas normas de calidade básicas: estar enteiros, sans, exentos de materias estrañas visibles e de cheiros e/ou sabores raros, coa cor da pel uniforme, e non deben presentar zonas moi brandas ao facer unha suave presión cos dedos. Esta froita debe elixirse madura e coa carne firme e ben pintorlada porque verde resulta indixesta.
O níspero debe presentar un desenvolvemento suficiente e un grao de madurez tal que lle permita soportar a manipulación, o transporte, o acondicionamento e responder as esixencias comerciais establecidas para os mesmos. Todos os materiais da recolección están protexidos para non causar mazaduras, golpes ou rozamentos aos nísperos, e as caixas que se empregan para transportalos ten almohadillas de goma espuma para que durante o transporte non se danen.
Para que os nísperos maduren antes, envólvense en papel de aluminio e colócanse no conxelador. Ao día seguinte, a froita xa está lista para comer. Unha vez maduro, débese consumir canto antes, e até entón pódese conservar na parte menos fría do frigorífico.
