Frutas de la A a la Z:
Granada

Calendario de temporada
Como elixilos e conservalos
Aínda que as granadas empezan a aparecer nos mercados a mediados de setembro, é entrado o outono cando esta froita nos ofrece os seus grans en toda a súa plenitude, e mantense até finais de xaneiro. A granada débese de colleitar antes de que madure completamente, si non é así, o froito explota na árbore. O grosor da súa pel fai posible almacenalas durante meses e que resista ben o transporte.
Convén elixir a froita sen cortes nin mazaduras. Unha granada de calidade preséntase ausente de gretas de crecemento e sen engurras na pel, que poden ser unha consecuencia de atraso na súa recolección. É moi importante que a pel estea dura e tersa e que teña unha cor viva con matices marróns. Hai que elixir os exemplares de bo tamaño e de elevado peso respecto do seu tamaño. Pódese abrir cando a casca adquira un ton pardo. As granadas mantéñense en boas condicións durante varios días se se conservan a temperatura ambiente. Si o seu consumo non vai ser inmediato, é preferible gardalas no frigorífico, e así se alarga a súa vida útil unhas tres semanas.
